As trasnadas dos Jackass chegarán as consolas en setembro
mércores, 1 de agosto do 2007
Finalmente a versión do xogo da xa célebre serie Jackass (logo convertida en pelÃcula), chegará as consolas do mundo no vindeiro mes de setembro. Serán preto de 40 diferentes probas e escenarios para tentar que os personaxes da serie fagan (ou se fagan) o meirande dano posible. As probas xa mÃticas, coma o tiro ao colega con rifles de paintball, o as impredecibles patadas nas partes baixas, combinadas con algunhas novas -coma unha carreira na neve con refrixeradores-, estarán dispoñibles para Playstation2, PSP e Nintendo DS.
Segundo os comentarios dalgunhas páxinas dedicadas a videoxogos, a acción non ten fin, as animacións están ben acadadas, e o xogo conta coas voces orixinais de Knoxville e compañÃa. Malia todo, o guión do xogo semella ser pobre. De feito, descrÃbese como unha combinación de minixogos, o que, por outra banda é o mesmo concepto que levou a esta atÃpica serie as pantallas da MTV.