As últimas entregas de American Idol gravaranse con móbiles iPhone 11 Pro

luns, 11 de maio do 2020 Marcus Fernández

Para adaptarse á situación de confinamento nos EE.UU. o concurso televisivo American Idol está a tomar medidas bastante curiosas para poder seguir adiante, como é a aposta por tecnoloxía de Apple para poder continuar coa produción durante a pandemia.
Os produtores do programa da canle ABC están a enviar aos fogares dos concursantes e xuíces un lote composto por 3 móbiles iPhone 11 Pro (que farán a función de cámara), un trípode e un anel de LED (como iluminación), que instálase de xeito seguro para poder así gravar os poucos episodios da presente tempada do programa.
Actualmente son bastantes os espazos televisivos que optaron polo uso de smartphones a xeito de cámaras que poden empregar dende os fogares dos seus presentadores e entrevistados, aínda que desta volta resulta rechamante que cheguen a asegurar que un smartphone ofrece «calidade de emisión», cando o habitual é recoñecer que trátase dun recursos de emerxencia que non se escolle pola súa calidade, senón pola súa facilidade de uso e aplicación.

PUBLICIDADE