Assassin’s Creed III vende 3,5 millóns de unidades no seu lanzamento para PS3 e Xbox 360
mércores, 7 de novembro do 2012
Yves Guillemot, director xeral de Ubisoft, deu a coñecer os
seus resultados económicos para o semestre que remata o 30 de setembro (que
poden descargarse
en formato PDF), de xeito que incluirÃan o lanzamento do xogo Assassin’s Creed III, que confirma ser
un dos meirandes éxitos do ano cunhas vendas
estimadas de máis de 3,5 millóns de unidades, dobrando as vendas que o ano
pasado acadou Assassin’s Creed II:
Rebelations, polo que a franquÃa estarÃa a ir por moi bo camiño, e iso que
aÃnda non chegaron as súas versións para PC e Wii U (que sairán á venda a
finais de mes).
Pese ao bo funcionamento da saga de Assassin’s
Creed, dende Ubisoft estarÃan a rexistrar unhas perdas operativas de 58,1
millóns de euros, superiores aos 49,3 millóns do mesmo perÃodo do ano anterior,
o que ten múltiples xustificacións entre as que estarÃan os gastos en
investigación e desenvolvemento, pois non podemos esquecer que o lanzamento da
Wii U está ás portas, e Ubisoft é unha das compañÃas que apostou por esta
plataforma con 7 xogos de lanzamento.
Ubisoft tamén ten na carteira Far Cry 3,
xogo para PC, Xbox 360 e PlayStation 3 que tamén sairá este mes e que polo
momento está a ter moi boas crÃticas, polo que poderÃa contribuÃr a mellorar os
resultados da compañÃa na campaña de Nadal e, de feito, veñen de elevar as
previsións de vendas da compañÃa para o ano completo, pois grazas á fortaleza
de Assassin’s Creed III, Far Cry 3 e o xogo musical Just Dance 4 é de agardar que pese as
dificultades actuais do sector Ubisoft poda rematar o ano coa cabeza ben alta.