Assassin’s Creed Mirage destaca entre as novidades do Game Pass
martes, 5 de agosto do 2025
Xbox vén de anunciar as novidades que se incorporan ao catálogo de Game Pass neste mes de agosto, cunha combinación de tÃtulos moi distintos entre si, desde acción táctica ata xogos de rol futuristas e aventuras de supervivencia. A algúns xa están dispoñibles desde hoxe mesmo, mentres que outros estarán dispoñibles nos vindeiros dÃas, tanto en consola como en PC e na nube.
A primeira incorporación é Rain World, xa dispoñible para xogar en todas as plataformas con Game Pass Ultimate, PC Game Pass e Game Pass Standard. Neste singular tÃtulo de supervivencia, o xogador adopta o rol un gato-lesma solitario atrapado nun ecosistema en ruÃnas onde calquera criatura pode converterse en predador… ou presa. A misión: atopar comida e evitar converterse no xantar doutro.
O dÃa 6 de agosto chegarán catro novos xogos para Xbox Series X|S: Citizen Sleeper 2: Starward Vector, unha nova entrega do xogo de rol narrativo onde se interpreta a un androide fuxido con corpo defectuoso e un pasado borrado; Lonely Mountains: Snow Riders, que recupera o espÃrito frenético do descenso en bicicleta polas montañas, agora con multixogador cruzado para ata 8 participantes; MechWarrior 5: Clans, unha proposta chea de batallas tácticas e Mechs personalizables ambientada na invasión da Esfera Interior; e Orcs Must Die! Deathtrap, que combina acción en terceira persoa con defensa de torres, agora con opcións cooperativas para catro xogadores.
Un dÃa despois, o 7 de agosto, chega un dos tÃtulos máis destacados da listaxe: Assassin’s Creed Mirage. O xogo de Ubisoft lévanos ao Bagdad do século IX para seguir a historia de Basim, un ladrón de rúa que remata converténdose nun Mestre Asasino a través da orde dos Ocultos. Estará dispoñible na nube, consola e PC para usuarios de Game Pass Ultimate e PC Game Pass.
O dÃa 12 volve ao catálogo Aliens: Fireteam Elite, o shooter cooperativo de supervivencia ambientado no universo Alien, xusto a tempo para acompañar a estrea de Alien: Planeta Tierra en Disney+. Finalmente, o 14 de agosto estará dispoñible 9 Kings en versión de acceso anticipado para PC. Trátase dun xogo de estratexia tipo roguelike no que construÃr un imperio e enfrontarse a reis rivais en batallas masivas que prometen combinacións absurdas e épicas.
