Associated Press pechará o seu portal especializado en novas para mozos
martes, 31 de xullo do 2007
Tras 2 anos de vida Associated Press decidiu
clausurar o seu portal ASAP, con contidos
dirixidos ós mozos e moita carga de vídeo, considerándoo un experimento
fracasado, de xeito que o
31 de outubro deixará de publicarse na Rede por non achegar os ingresos
necesarios para facelo viable.
Esta nova pose considerarse moi negativa, porque indicaría que as axencias de
novas teñen dificultades para comercializar material tan habitual na Internet
como pode ser a cobertura da Comic-Con de San Diego, a estrea da película dos
Simpson ou unha sinatura de autógrafos de Jessica Alba co gallo da estrea da última
película dos Catro Fantásticos.
Hai que recoñecer que ASAP non estaba a acadar a sona agardada polos seus
responsables, pero haberá que agardar para ver se no futuro trunfan outras
iniciativas que pretendan achegarnos “novas da vindeira xeración”.
