Avelina Valladares centra o novo podcast do ciclo Aquà Faltan Páxinas
mércores, 17 de abril do 2024
A loita de Avelina Valladares por ocupar un espazo propio nas letras protagonizará este xoves no Museo do Moble e da Madeira da Estrada unha nova entrega do ciclo de podcast da Deputación Aquà Faltan Páxinas. A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro ás 19 horas e a xornalista estradense Laura Filloy, autora do artigo Avelina Valladares, a muller sen rostro, será a encargada de detallar a vida e traxectoria desta muller pioneira das letras.
O faladoiro, que se poderá seguir a través da web da Deputación de Pontevedra, irá acompañado dun podcast do que se poderá gozar desde este xoves tanto na web institucional coma en Ivoox e Spotify. Nel recordarase a Valladares como unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa, ademais de ser precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas.
A segunda colección do ciclo Aquà Faltan Páxinas, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano e, ademais de Avelina Valladares, tamén contempla a traxectoria de mulleres coma a fÃsica Inmaculada Paz Andrade; a polÃtica e activista Urania Mella; a combatente MarÃa Araujo; a raÃña Urraca I de León, a Temeraria; as madriñas de San Simón; as leiteiras de Pontevedra; a pintora Mercedes Ruibal; a música MarÃa Pardo; a fotógrafa Mary Quintero e a mestra Placeres Castellanos.