Axustan a precisión de SteamVR para adaptarse a xogadores expertos de Beat Saber

martes, 12 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O xogo de ritmo en realidade virtual Beat Saber está a converterse en todo un fenómeno que podería compararse ao de xogos como Guitar Hero ou Rock Band, no que os usuarios teñen que mover os seus controis de realidade virtual coma se fosen espadas láser coas que destruír cubos virtuais que se achegan a eles seguindo un ritmo musical.
O ritmo das cancións indican a espada que hai que empregar e incluso a dirección á que debe moverse, o que supón todo un reto de coordinación que algúns xogadores están a superar chegando a límites que non se esperaban, de xeito que a última versión de SteamVR (a beta 1.3.2) tivese que «incrementar os límites do que pensamos que era humanamente posible para controis de movemento» tras ver que usuarios expertos de Beat Saber movíanse máis rápido do que os mandos podían rexistrar, ou sexa, que había xogadores tan bos ao Beat Saber que o xogo en SteamVR non podía seguirlles o ritmo.

Exemplo de como é unha partida de Beat Saber

PUBLICIDADE