Bancaja deberá indemnizar a dous clientes por un caso de phishing
mércores, 13 de agosto do 2008

- Imaxe dunha das páxinas webs que suplantaban á de Bancaja
O Xulgado de Primeira Instancia número 2 de
Castellón vén
de declarar “culpable” á entidade
bancaria, Bancaja, por non terlle garantido a seguridade das operacións
efectuadas a través da Rede a dous dos seus clientes.
Os dous afectados percatáronse de que se
realizaran, sen o seu consentimento, dúas transferencias por importe de 2.994 e
3.125 euros a través de Internet a terceiras persoas que nin sequera coñecían.
Cando llo comunicaron a Bancaja, entidade
responsable da transación, atopáronse con que esta non se facía cargo da
reclamación do importe sustraído ao afirmar que se trataba dun caso de “neglixencia por parte dos usuarios na
custodia das súas claves”.
Foi a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas
e Seguros (Adicae), quen se encargou de presentar o caso ante os tribunais e
facer público o fallo.
Bancaja terá que pagar agora un total de 6.119
euros aos dous afectados por phishing,
ou suplantación de identidade a través da Rede por entender que, segundo o xuiz
responsable da sentenza, “non lle ofreceu
aos seus clientes a información necesaria para evitar o fraude e operar de
xeito seguro”.
A entidade bancaria xa anunciou que recurirá a
sentenza para, sobre todo, tratar de limpar a súa imaxe e facer saber que é
unha vítima máis da estafa.
