Barcelona mostrará en setembro os logros da supercomputación no ámbito empresarial
luns, 31 de xullo do 2023
O
próximo 12 de setembro celebrarase no Barcelona Supercomputing
Center unha xornada de promoción da supercomputación para empresas
organizada polo proxecto EuroCC_Spain, xunto co DIH4CAT. Na xornada,
segundo
informa o Centro de Supercomputación de Galicia-CESGA
(participante no evento a través da RES), expoñeranse casos de uso
por parte de empresas que se benefician do uso da supercomputación
como ferramenta de traballo.
Ademais,
o Dixital Innovation Hub de Cataluña (DIH4CAT) e o Centro de
Competencias Nacionais en Supercomputación (EuroCC) mostrarán a súa
oferta de servizos gratuÃtos para empresas na contorna de HPC
(computación de alto rendemento). Por último, analizaranse as
necesidades, requirimentos e demandas nun exercicio de dinamización
de proxección ao futuro xunto con expertos.
A
xornada será como dixemos o vindeiro 12 de setembro, en horario de
10:00h a 16:30h.
Programa
da Xornada Divulgativa
10.00
Benvida
10.10
O Digital Innovacion Hub de Catalunya (DIH4CAT)
10.30
O Centro Nacional de Competencias en Supercomputación (EuroCC)
10.50
Coffe Break
11.15
Casos de uso HPC
12.00
Visita MareNostrum 5
13.00 Comida
Programa da
Xornada de Dinamización
14.00 Presentacions
breves das empresas
14.30 Análise das
necesidades, requirimento e demandas
16.30 Conclusións e
peche das xornadas de traballo
A inscrición é
gratuÃta. Os convites
xéranse na web da RES (Rede Española de Supercomputación).