John Ternus poderÃa suceder a Tim Cook á fronte de Apple
xoves, 9 de maio do 2024
Nos últimos tempos escoitábase que o actual director xeral de Apple, Tim Cook, poderÃa retirarse da compañÃa despois de ter presentado un grande produto que considerase o seu legado, e agora que as Apple Vision Pro son unha realidade, non cesan os rumores sobre quen poderÃa ser o seu sucesor, asegurando Mark Gurman nas páxinas de Bloomberg que a figura chamada a coller a remuda de Cook serÃa o John Ternus.
Que Cook vaia cumprir 64 anos en novembro fai pensar que está próxima a súa saÃda de Apple, aÃnda que non haberÃa ningún motivo para acelerar unha transición. E precisamente a idade serÃa un tema moi relevante na sucesión de Cook, pois o que actualmente era o principal candidato, Jeff Williams, actual director de operacións, só terÃa 2 anos menos que Cook, polo que non serÃa un bo substituto a longo prazo, de aà que estea a gañar peso a figura de John Ternus, vicepresidente senior de EnxeñarÃa de Hardware en Apple dende 2013, e responsable da enxeñerÃa de todas as xeracións de Apple, dos últimos modelos de iPhone, dos AirPods e incluso unha peza clave na transición dos Mac a Apple Silicon, responsabilidades que demostran a confianza que Cook ten depositado na súa persoa.
Cómpre salientar que outras figuras de peso en Apple, coñecidos polo grande público ao aparecer regularmente nas presentacións dos novos produtos da compañÃa, teñen idades moi próximas á de Cook, polo que podemos entender que están camiño de rematar a súa carreira na compañÃa de Cupertino.
Tamén é salientable que a anterior transición na dirección da compañÃa foi moi pausada, con Cook incrementando as súas responsabilidades da man de Jobs, até chegar a desenvolver todas as súas funcións levando a compañÃa á posición de liderado da industria que ocupa actualmente.