Batman: Arkham City estrea versión para PC e contido descargable

mércores, 23 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Hoxe chegou ás tendas de videoxogos a agardada versión para PC de Batman: Arkham City, que permite que os usuarios de ordenadores poidan gozar do novo xogo do cabaleiro escuro cun nivel de detalle gráfico superior ao das consolas PlayStation 3 e Xbox 360, especialmente no caso de usuarios con tarxetas nVIDIA GeForce GTX, posto que Arkham City, como xa fixera a súa anterior entrega (Arkham Asylum) fai uso da tecnoloxía PhysX, que dota a este título de Rocksteady Studios de impresionantes efectos de física.
Nestas últimas horas tamén estreouse un novo contido descargable para todas as plataformas do xogo, o Robin Bundle Pack, que incorpora como personaxe xogable a Tim Drake, o terceiro Robin dos comics de Batman, xunto con 2 mapas (Black Mask Hideoute Freight Train Escape) e un par de skins para mudar a aparencia visual de Robin con diferentes encarnacións do personaxes. Este contido descargable está á venda por 560 puntos no Bazar de Xbox LIVE e 6,99 euros na PlayStation Network.
Con anterioridade o xogo xa recibira un contido descargable semellante, que en vez de incluír a Robin como personaxe xogable, facía o propio con Nightwing, que fora o Robin orixinal (Dick Grayson), quen tomou unha identidade de seu fóra da sombra do home morcego.


Trailer do Robin Bundle Pack

Neste xogo de acción tamén haberá que empregar o sixilo para superar os distintos retos
O Robin que se incorpora ao xogo é Tim Drake (sucesor de Dick Grayson e Jason Todd).
O novo contido descargable achega a Robin e a 2 aparencia alternativas do personaxe

PUBLICIDADE