Battle Breakers, o novo xogo multiplataforma de Epic Games

xoves, 14 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Dende Epic Games non se limitan a Fortnite, e veñen de lanzar un novo xogo, Battle Breakers, dispoñible para PC na tenda de Epic Games, para iOS na App Store, e para Android na Galaxy Store ou na aplicación de Epic Games (ou sexa, que instálase no móbil coa mesma aplicación que Fortnite) con partidas compartidas entre móbil e PC. O xogo pode descargarse de balde e como recompensa de lanzamento ofrece a posibilidade de facerse co poderoso heroe home besta escuro ao completar o titorial (até o 28 de novembro).
Este xogo de rol de colección de heroes adopta unha estética semellante á dos debuxos animados dos anos 90, e convida aos usuarios a xuntar a un equipo de poderosos guerreiros para recuperar o mundo tras a invasión dun grupo de monstros do espazo que atraparon aos heroes máis valentes dos mundo en cristal tecnomáxico e que haberá que rescatar rotura a rotura.
O xogo inclúe compras dentro da aplicación (como pases de batalla) para facilitar a formación dos equipos de heroes perfectos, cos que logo explorar máis dun milleiro de alxubes repartidos por volcáns, fragas, glaciares... tendo que enfrontar lexións enteiras de monstros e aos seus xefes mediante ataques destrutivos e habilidades especiais.

Epic Games xa daba conta deste xogo na GDC de 2017

Tráiler de lanzamento de Battle Breakers

PUBLICIDADE