Bayonetta e Vanquish terán versións remasterizadas para PS4 e Xbox One
luns, 9 de decembro do 2019
PlatinumGames conseguiu forxarse unha grande reputación grazas
a xogos de acción frenética como Bayonetta e Vanquish, que están
a preto de cumprir os 10 anos, o que queren aproveitar para achegalos a
consolas da actual xeración, optando por comercializalos en lote, tanto en formato
fÃsico como dixital a un prezo recomendado de 39,99 euros.
Bayonetta &
Vanquish 10th Anniversary Bundle para PlayStation 4 e Xbox
One incluirá versións remasterizadas en resolución 4K a 60 imaxes por
segundo, de xeito que de contarmos cunha PS4 Pro ou unha Xbox One X poderemos
gozalos no seu máximo esplendor.
O caso de Vanquish é bastante
peculiar, xa que este
xogo estreou versión para PC en 2017, incluÃndo melloras como as da versión
de consola que chegará a primeiros do ano que vén, aÃnda que dende hai tempo o
xogo estaba dispoñible para xogadores de Xbox One grazas á retrocompatibilidade
(aÃnda que sen as melloras gráficas) e, de feito, a
copia para Xbox 360 véndese a 19,99 euros, prezo que coincide co de Bayonetta,
polo que vendelos xuntos na súa versión remasterizada non suporÃa unha
diferenza de prezo, senón unha confirmación de que os seus responsables
consideran que estes tÃtulos comercializaranse ao un prezo xusto.
O lanzamento da recompilación destes grandes xogos será especialmente ben
recibida polos xogadores de PS4, que levaban moito tempo sen poder chantarlles
o dente, e que recibirán tamén un tema dinámico de mercar o xogo antes do 3 de
marzo de 2020.
- En febreiro poderemos mercar o lote que inclúe ambos xogos de PlatinumGames en versión para consolas domésticas da presente xeración
VÃdeo promocional no que dan conta do lote que inclúe as remasterizacións de Bayonetta e Vanquish para PS4 e Xbox One