Beat Saber será un dos grandes reclamos de Oculus Quest
luns, 18 de marzo do 2019
Nos
últimos meses temos comentado o éxito de Beat
Saber, xogo de ritmo que pode considerarse como o Guitar Hero da realidade virtual, e que vén de superar o
millón de xogadores, e dende Oculus consideran que é un bo reclamo, de aÃ
que anuncien xa que será
un dos xogos de lanzamento de Oculus
Quest, produto que busca ser a primeira solución autónoma de realidade
virtual destinada aos xogos, xa que consiste nun casco cun par de mandos que
non precisa dun ordenador persoal para somerxer ao usuario en contornos
virtuais con 6 graos de liberdade.
A combinación de Beat Saber e Oculus
Quest pode ser un grande éxito, ao facer que os usuarios vexan o casco Oculus Quest
como unha consola de videoxogos á que poderán sacar partido con xogos
revolucionarios, que ofrecerán experiencias inmersivas especialmente satisfactorias
por carecer de cables. No caso de Beat Saber teremos asà un xeito moi cómodo de
xogar movendo espadas de luz virtuais para destruÃr os bloques que se achegan a
nós ao ritmo da música, realizando frenéticas coreografÃas de movementos que
son seguidas sen a necesidade de sensores instalados na habitación (como facÃan
solucións na liña de Oculus Rift e HTC Vive).
O anuncio de Beat Saber para Oculus
Quest tamén serve para confirmar a intención de que o novo casco de realidade
virtual saia á venda en primavera, cando até hai pouco só concretaban que verÃa
a luz ao longo do presente ano.
- Oculus Quest será a primeira grande experiencia de realidade virtual completa e sen cables con 6 graos de liberdade
VÃdeo de presentación de Beat Saber para Oculus Quest