BenQ estrea un monitor que pode sincronizar a súa configuración de cor con equipos de Apple
xoves, 7 de marzo do 2024
BenQ está a traer ao mercado o seu novo monitor para deseñadores, o BenQ PD3225U, que cun tamaño de 32 polgadas e resolución 4K ofrece unha relación de contraste 2.000:1 e destaca especialmente polo seu soporte para P3 Thunderbolt 3 compatible con Mac.
Este monitor, que chega cunha calibración de fábrica moi precisa, cubre o 98% do espazo de cor P3, o 99% do sRGB e o 99% do Rec.709, de aà que sexa tan atractivo para os profesionais da imaxe. Tamén promete un nivel de negros moi profundo coa tecnoloxÃa IPS Black. Admite HDR10 e conta con certificación DisplayHDR 400.
Coa aplicación BenQ Display Pilot 2 conta cunha interface personalizable para organizar funcións como ICCsyn, modo de atenuación de software, facendo que o traballo de deseño sexa máis convinte e flexible.
Como grande atractivo para os usuarios de equipos de Apple o monitor ten un modo M-book que permite a sincronización de cor activa con equipos Mac, ou sexa, que os perfÃs ICC no monitor sincronÃzanse de xeito automático co Mac ao que estea conectado, conseguindo asà unha consistencia de cor moi apreciada en certos escenarios de traballo.
Cómpre salientar que o BenQ PD32205, equipado con portos USB-C para Thunderbolt 3, portos HDMI, DispayPort e un concentrador USB, pode configurarse como KVM (para empregalo con dous equipos informáticos distintos compartindo teclado e rato) e tamén conectar un accesorio chamado Hotkey Puck G2, que facilita o seu manexo.