Bethesda confirma que está a traballar en Rage 2

martes, 15 de maio do 2018 Marcus Fernández

Pese a que o xogo para ordenadores, Xbox 360 e PlayStation 3 Rage non foi ningún grande éxito, este título de ambientación post-apocalíptica de Bethesda Softworks parece ter deixado pegada entre os seus responsables, que animáronse a preparar unha secuela, Rage 2, da que avanzan algúns detalles.
Este título desenvólvese tras o impacto dun asteroida na Terra, que converteu o mundo nun territorio salvaxe e desapiadado onde faccións violentas loitan polo control dos recursos. Neste contorno terá que sobrevivir Walker, o derradeiro Ranger de Vineland, coa axuda do seu arsenal de armas, vehículos e estraños poderes, marcándose como obxectivo rematar coa tiranía da Autoridade (inimigos que xa aparecían na primeira entrega da saga).
Dende Bethesda define Rage 2 como o cóctel perfecto entre os shooters en primeira persoa de id Software, o dominio de mundos abertos de Avalanche Studios e unha boa dose de combates frenéticos a bordo de vehículos, aínda que para saber máis deste título haberá que esperar á súa presentación ao grande o luns 11 de xuño; aínda que para o seu lanzamento oficial para Xbox One, PlayStation 4 e PC haberá que que ter paciencia, pois non terá lugar até o ano 2019.

O xogo contará con versións para PC, Xbox One e PlayStation 4

Tráiler de Rage 2

PUBLICIDADE