Bill Gates despídese do CES presentando algunhas novidades de Microsoft para 2008

luns, 7 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Durante esta semana se celebra en Las Vegas unha nova edición do Consumer Electronics Show (CES) e, para iniciar esta carreira de presentacións e anuncios tecnolóxicos, Bill Gates fixo o propio nun espectáculo no que deu a coñecer a web NBCOlympics (que ofrecerá os mellores momento dos Xogos Olímpicos), anunciou que van comercializar series de televisión da ABC, MGM e Disney a través de Xbox LIVE (en definicións alta e estándar), dando a coñecer que Windows Vista xa superou os 100 millóns de licenzas e adiantando que en primavera o reprodutor Zune comezará a venderse fóra dos EE.UU., comezando por Canadá.

Guitar Hero 3 durante a presentación

Nesta 11ª edición do CES o fundador de Microsoft non se limitou a dar unha aburrida presentación, senón que tamén contou coa presenza de convidados coma o guitarrista Slash e Kelly TipperQueen Law-Yone (unha das gañadoras dos torneos norteamericanos de Guitar Hero II), que amosaron á audiencia o que se pode facer no Guitar Hero 3, que prometer ser un dos grandes éxitos en vendas nos últimos meses.
Ademais, Gates anunciou que esta sería a súa derradeira keynote no CES, pois está a deixar progresivamente as súas responsabilidades en Microsoft.

Coma no seu día xa fixera Bill Clinton, Gates publicou un vídeo no que se fai humor sobre a qué se dedicará tras deixar o seu cargo en Microsoft

Os Xogos Olímpicos

A colaboración entre a NBC e Microsoft deu coma froito a estrea da web NBCOlympics co gallo dos Xogos que terán lugar este ano en China, pero decidiron non limitarse a dar unha visión da actualidade olímpica, senón aproveitar o poder da larga cola, polo que xa conta con máis de 3.000 horas de vídeo de balde que se entrega a través da tecnoloxía Silverlight de Microsoft.

Series televisivas en Xbox LIVE

A plataforma Xbox LIVE achegará ós seus usuarios series de televisión e películas de ABC Television Network, ABC Family, ABC News, Disney Channel e Toon Disney, así coma películas de MGM e United Artists, de xeito que e poderán descargar series coma Perdidos ou Anatomía de Grey e películas coma Rocky ou Terminator, o que agradecerán os usuarios da consola Xbox 360, especialmente se contan cun televisor de alta definición.

Zune en Canadá

Robbie Bach deu a coñecer que na primavera de 2008 comezarán a vender o novo reprodutor Zune en Canadá, dispositivo que xa conta con 1,5 millóns de usuarios na súa redes social.

PUBLICIDADE