BioShock Infinite e Aragami destacan no último Humble Bundle

martes, 2 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Hoxe estréase un novo lote de xogos ofertados con finalidade solidaria a través de Humble Bundle, destacando por incluír grandes xogos como BioShock Infinite e SHENZHEN I/O, xunto a Aragami, título que cómpre salientar polo mero feito de ser obra do estudio barcelonés Lince Works.
Os usuarios que acheguen a partires de 1 dólar poderán facerse cos xogos Tempest, LiEat e Punch Club; aos que sumaranse Aragami, Beholder e BioShock Infinite de realizar unha aportación superior á media (5,66 dólares no momento de escribir estas liñas) e completando o lote con SHENZHEN I/O para que pague a partires de 12 dólares, ou sexa, que por uns 10 euros podemos conseguir unha atractiva compilación á vez que se contribúe a entidades solidarias como Child’s Play.

JPEG - 95.6 KB
Aragami é un xogo español cunha estética moi peculiar

PUBLICIDADE