BitTorrent estreará unha tenda de vÃdeos
mércores, 29 de novembro do 2006
BitTorrent estreará unha tenda de vÃdeos dende a que se poderán descargar pelÃculas de estudios como a Paramount, Lionsgate ou a 20th Century Fox, asà como programas de televisión da MTV, de xeito que competirÃan con servizos semellantes de Apple (iTunes), Amazon (Unbox) ou Microsoft (Xbox Live Video Marketplace).
A principal vantaxe desta nova tenda é que empregará tecnoloxÃa P2P para a difusión dos filmes, o que mellorará a transferencia dos grandes ficheiros a través da Rede (algo que xa dá problemas á tenda de Microsoft, pois os usuarios teñen que agardar moitas horas para completar os vÃdeos mercados ou descargan contidos diferentes ós solicitados por mor de fallos provocados polo exceso de carga dos servidores de descarga).
Deste xeito a rede BitTorrent procura afastarse da súa imaxe de sistema de piraterÃa a través da Internet, e consolÃdase coma unha opción legal para a aceleración de descargas na Rede.
