Blacksad estreará videoxogo en 2019
xoves, 28 de xuño do 2018
A célebre e galardoada banda deseñada de Canales e Guarnido,
Blacksad, na que podiamos coñecer as
aventuras dun detective con forma felina nuns Estados Unidos tras a II Guerra
Mundial, cun claro toque de novela negra, pero destacando por dotar aos
personaxes de aparencia animal, vai ter un videoxogo de seu da man de Péndulo Studios, tal e como
anuncia a
compañÃa especializada en xogos de aventuras Microïds a través de Twitter,
confirmando que o xogo chegará o ano que vén a Xbox One, PS4, Nintendo Switch,
PC e Mac baixo o tÃtulo de Blacksad:
Under The Skin.
As primeiras imaxes do tÃtulo deixan ver que dende Péndulo buscan reflectir con
grande fidelidade a estética da obra orixinal, e contará unha historia propia
na que o detective John Blacksad recibe a chamada de Sonia Dunn despois de que
o seu pai, dono dun humilde club de boxeo, aparecese aforcado. DÃas antes o loitador
máis coñecido do club desaparecera, xusto antes dun combate do que dependÃa a
supervivencia económica do club. Comeza asà un caso que levará ao detective a moverse
polos baixos fondos da New York dos anos 50.
- O xogo parece querer reflectir o estilo da banda deseñada, pese a ter gráficos tridimensionais
- O dective Blacksad terá que moverse polos baixos fondos de New York en Under The Skin