Blog2Print converte os blogs en libros

mércores, 11 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Un novo servizo, Blog2Print, permite gardar as entradas dos blogs no servizo de Google en formato PDF coma se fose un libro, incorporando tanto o texto como as imaxes, nunha sinxela operación na que só hai que introducir o enderezo do blog, o rango de datas que se queren gardar, a orde cronolóxica (ascendente ou descendente), a imaxe que queremos na portada e mesmo unha dedicatoria, de xeito que se pode ver logo dende o navegador a xeito de vista previa, de xeito que os usuarios conformes co resultado poderán mercalo en formato impreso grazas ó sistema de impresión baixo demanda de SharedBook, o que permite facerse cunha copia en tapas dura ou branda.
Por desgraza este sistema só funciona para blogs en inglés hospedados en Blogger (xa que aproveita a API do servizo para capturar os seus contidos) aínda que non sorprendería que nos vindeiros meses se adaptase o sistema para outras plataformas semellantes (como as baseadas en Wordpress).