Bloggino: unha nova plataforma de microblogging para mozos

xoves, 15 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Os afeccionados ó microblogging contan cunha nova plataforma de publicación, Bloggino, que quere destacar doutras solucións coma Twitter ou Pownce mediante un deseño enfocado a un público novo (adolescente) pero que destaca porque non se limita a textos breves, senón que tamén permite a publicación de vídeos, imaxes e son.
Bloggino permite a publicación de contidos de distintos xeitos, aceptando tanto o móbil (con mensaxes SMS e MMS), por correo electrónico, por mensaxería instantánea e vía web. As entradas nesta plataforma toman o nome de blogginotas e poden definirse coma públicas (visibles para toda a Internet) ou privadas (para que só as vexan ós nosos amigos). Tamén se pode configurar para recibir avisos por correo electrónica ou mensaxería instantánea cando un amigo escriba algunha blogginota, o que serviría para manter máis viva esta nova comunidade.