Bob Esponja e a Patrulla Canina destacan entre os xogos de Game Pass de marzo

martes, 5 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Os subscritores de Xbox Game Pass van a ter un comezo de marzo bastante variado, xa que hoxe reciben o xogo Warhammer 40.000: Boltgun e o xoves o título PAW Patrol World, xogo de La Patrulla Canina que non será o único que adorarán os máis cativos da casa, que tamén poderán gozar de Bob Esponja: Battle for Bikini Bottom – Rehydrated a partir do día 12. A este xogo seguiralle a edición definitiva de Control o día 13 e No More Heroes 3 o día 14.
Xa o día 19 chegarán a edición game preview de Lightyear Frontier, así como o xogo de béisbol MLB The Show 24, sendo este último o único xogo das primeiras semanas do mes que non está dispoñible para PC, mentres que o resto están dispoñibles para consola, ordenador e xogo na nube.

PUBLICIDADE