Boogie: cantar e bailar coa Wii

martes, 8 de maio do 2007 Marcus Fernández

O karaoke é unha afección que está a tirar con forza entre os xogadores de videoconsolas dende a aparición dos xogos da saga SingStar, polo que non debería sorprender que a Nintendo Wii tamén se sumase a esta febre co xogo Boogie, no que se ten que mover a un simpático personaxe na pista de baile emulando a Tony Manero en Febre do Sábado Noite que tamén complementa a diversión cun micrófono USB.
Con esta novidade incrementaríanse as posibilidades da Wii, aínda que hai rumores de que tal xogo tamén aparecerá noutras plataformas, detalle que aínda está sen confirmar.