Boogie non parece convencer en España

venres, 28 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Este mes chegou á Wii o xogo Boogie que pretendía converterse no Singstar para as consolas de Nintendo incorporando tamén o baile ás funcións de karaoke, e mesmo permitindo editar os vídeos gravados coa mellores partidas, pero non parece convencer.
As críticas parecen unánimes no feito de que o xogo, pese a estar moi ben elaborado, non acaba de resultar un produto redondo porque pretender facer moitas cousas dunha vez. Os gráficos do xogo resultan moi simpáticos e agradables, sendo un dos puntos máis positivos do xogo, completado cunhas animacións moi boas e unha selección de 35 cancións das que varias son realmente divertidas, pero que ó estar en inglés (agás 1 tema de Thalía) poderán decepcionar a moitos xogadores españois.
Tamén se critica que o xogo só permita o seu uso por 2 xogadores á vez, cando a consola podería permite ata 4 mandos, o que sería máis axeitado para partidas en grupo, que é o onde destacan este tipo de xogos.
En definitiva, que é un bo xogo, pero que non está á altura das expectativas que espertara, aínda que, como aconteceu cos xogos de karaoke para PS2, poderá mellorar con novas entregas nas que ofrecer distintas cancións e posibilidade.

PUBLICIDADE