Borderland 4 será unha realidade en setembro

mércores, 12 de febreiro do 2025 Marcus Fernández

Durante o último State of Play anunciouse a data de lanzamento de Borderlands 4, agardado xogo de Gearbox que verá a luz o 23 de setembro e do que temos agora algunhas imaxes que non son máis que un pequeno anticipo, xa que confirmaron que en primavera transmitirán un State of Play especial para afondar neste prometedor título.
Polo momento avanzan detalles como que se explorará o novo planeta Kairos, haberá un arsenal de armas totalmente novo, poderanse desbloquear habilidades únicas, permitiranse diversos movementos (saltos dobres, planear, realizar esquivas, utilizar ganchos de punto fixo...) e, en definitiva, ofrecerase unha experiencia máis completa e mellorada para o goce dos seareiros desta serie de xogos que pode experimentarse tanto en solitario como en compañía con até tres xogadores máis.

Tráiler no que desvelan a data de lanzamento de Borderlands 4