Borderlands 3 chegará ás tendas o 13 de setembro
mércores, 3 de abril do 2019
Gearbox
Software e 2K anunciaron hoxe a data de lanzamento de Borderlands 3, na entrega
da aclamada serie de xogos shooter-looter
que verá a luz o 13 de setembro en versións para Xbox One, PlayStation
4 e PC, destacando esta última por comercializarse en
formato dixital a través da tenda de Epic Games (non chegando ao resto de
tendas dixitais até abril de 2020).
Borderlands 3 volverá a ofrecer unha
divertida historia de personaxes coloridos e carismáticos, que enfrontaranse a inimigos
épicos e con grandes loitas contra xefes finais, prometendo unha experiencia
que namorará aos seareiros da franquía á vez que tamén poderá servir como punto
de entrada para novos xogadores, que poderán gozar tanto de partidas en
solitario ou cooperativas, en liña e fóra de liña.
O xogo xa está dispoñible en reserva para as súas diferentes plataformas e en
múltiples versións, que parten dende unha edición estándar que premia a reserva
con skins de armas (cun prezo de 59,99/69,99
euros) e van até unha edición para coleccionistas que inclúe numerosos contidos
dixitais, 10 figuras de personaxes, unha maqueta da nave Sanctuary 3, un mapa
de tea de toda a galaxia, 5 litografías e 4 chaves da Cámara planetaria (que na
súa versión para consolas terá un prezo de 249,95 euros).
Tráiler de presentación de Boderlands 3
- Provocadora portada do xogo