Bud Spencer e Terence Hill estrean xogo para consolas

martes, 24 de xullo do 2018 Marcus Fernández

A finais de 2016 Trinity Team completou con éxito unha campaña de micromecenado en Kickstarter para facer realidade o primeiro e único videoxogo oficial de Bud Spencer e Terence Hill, dúas grandes lendas do cine dos anos 70 e 80, que ao tomar a forma dun xogo no máis puro estilo das máquinas recreativas de finais dos anos 80 poderían facer eternas as súas aventuras.
A campaña de micromecenado foi todo un éxito, con 6.808 patrocinadores que achegaron un total de 212.557 euros, polo que a finais do ano pasado conseguiu ver a luz para ordenadores persoais Bud Spencer & Terence Hill – Slaps And Beans, curioso xogo con gráficos pixelados para ter un aire retro no que podemos vivir unha historia totalmente nova de Bud Spencer e Terence Hill, na que percórrense moitos dos escenarios e situacións propios dos seus filmes, como un saloon do Oeste Americano, o centro de Miami, un parque de atraccións... tendo como mecánica principal un beat’em up para un ou dous xogadores (loxicamente non podía faltar un modo cooperativo) no que mestúranse elementos de plataformas e minixogos que axudarán a meterse nos míticos personaxes.
Pero a este xogo, que chegou á súa versión definitiva o pasado mes de abril, polo que os seus responsables puxéronse rapidamente a traballar para levar esta aventura de lapotes e feixóns a outras plataformas; tarefa que hoxe culminou co seu lanzamento para Xbox One, PlayStation 4 e Nintendo Switch.
Todo un exercicio de nostalxia que agradecerán os que se criaran vendo os filmes desta grande parella cinematográfica que marcou unha época e que aínda hoxe continúa a ser imprescindible para certas canles televisivas moi marcadas polo spaghetti western e o cine de acción sen máis pretensión que entreter ao espectador.

O xogo consegue replicar o estilo dos beat’em up de recreativa
Aparte de lapotes e feixóns, tamén temos distintos minixogos que lembran a distintos filmes da parella cinematográfica

Tráiler do lanzamento para consolas de Bud Spencer & Terence Hill – Slaps And Beans

PUBLICIDADE