Buenafuente tira da Internet para promocionar o seu novo programa de televisión
luns, 17 de setembro do 2007
Esta noite LaSexta estrea o novo programa de
televisión presentado por Andreu Buenafuente e coa colaboración da modelo Eva
González, a actriz Silvia Abril ou o humorista Berto, que destaca especialmente
pola campaña promocional que estiveron a realizar durante todo o verán, tanto
en televisión como na Rede.
Nun principio o programa xa estreara unha curiosa web
en construción, pero tamén se
valeu do boca a boca para chamar a atención, subindo a YouTube un vÃdeo
dun predicador, Aaron Guzmán, que
tras denunciar distintas maldades que se podÃan ver nas televisións europeas,
criticaba ó anterior programa de Buenafuente
denunciando que durante o mesmo se consumÃan drogas e se incitaba ós nenos en
vicios, celebrando que o programa se deixara de emitir.
|
|
Pero este vÃdeo era só
o comezo dunha campaña, xa que non tardou en aparecer unha segunda parte na que
se advertÃa da volta de Buenafuente á televisión, acusando ó presentador de satánico,
xa que a canle que emitÃa o magazine era laSexta (6), a hora de emisión as 24
(2+4=6) e o dÃa de comezo de emisión, o 17 (7-1=6) compondo un 666, o número da
besta.
|
|
O vÃdeo do predicador superou as 100.000 visitas, pero só foi o primeiro paso
para manter a atención á espera do programa, xa que durante as últimas semanas
publicaron na Internet distintos vÃdeos nos que se podÃa ver a suposta preparación da nova produción
de El Terrat, asà coma unhas simpáticas probas de selección de
colaboradores.
Tivemos asà unha das promocións televisivas máis activas na Rede que se puido
ver en España, e que se concretará no programa que se
estrea esta noite.
