Bunbury estrea unha curta na súa web
martes, 16 de setembro do 2008
O cantante
Enrique Bunbury estreou
onte na súa páxina web a curtametraxe El
hombre delgado que no flaqueará jamás, que en pouco menos de 7
minutos presenta road movie
ambientada no deserto californiano de Salton Lake, e que se pode ver tanto en formato
Flash coma en Quicktime. Dende a discográfica EMI Music Spain advirten que a
curta inclúe escenas
que poden resultar ferintes para certas audiencia.
Esta curta aparece nun momento no que Bunbury está envolto nunha polémica polo
suposto plaxio do tema musical que inspira o tÃtulo desta peza audiovisual. O
novo álbum de Bunbury, Hellville de Luxe,
sairá o 7 de outubro, e o seu primeiro videoclip, Hay muy poca gente, distribuirase a partir do 20 de setembro.
|