Buzz Aldrin presenta a nova entrega de Mario en Madrid
martes, 13 de novembro do 2007
O
xogo Super Mario Galaxy presentouse
hoxe por todo o grande no hotel Palace de Madrid, nun acto que contou coa
participación de Buzz Aldrin, o
segundo home en pisar a lúa, de xeito que o relevo de Super Mario Sunshine que leva ó fontaneiro Mario ó espazo
evoluciona recuperando o aspecto tridimensional de anteriores entregas e
desenvolvéndose en innovadores escenarios baseados nos debuxos que Antoine de
Sant-Exupéry para o seu libro O
Principiño.
Mario percorrerá distintos planetas, cada un coas súas propias leis (de xeito
que teremos que adaptarnos mesmo á ingravidade) e dende esta semana os usuarios
da Nintendo Wii poderán gozar deste novo título dunha franquicia que xa suma
193 millóns de unidades vendidas.