Buzz chegará á PS3 a primeiros de xullo

venres, 23 de maio do 2008 Marcus Fernández

A división de xogos de Sony vai levar a popular saga Buzz!, que tanto éxito acadou na PlayStation 2, á súa consola de alta definición, de xeito que o vindeiro 4 de xullo se poderá mercar Buzz! Quiz TV para PS3.
O xogo non só se renova en calidade gráfica, senón que tamén inclúe mandos (buzzers) sen fíos, o que fai máis doado o xogo en grupo para responder as 5.000 preguntas (actualizables por parte dos usuarios a través da Rede) que forman este concurso televisivo virtual divididas en 5 áreas temáticas (música, películas e televisión, deportes, coñecemento e estilo de vida).