CBS Interactive merca o videoblog financeiro Wallstrip
mércores, 23 de maio do 2007
A menos dun ano da súa fundación, o videoblog
financeiro Wallstrip pechou un
acordo de compra por parte da canle CBS por unha cantidade que poderÃa achegarse ós 5 millóns de dólares, nunha operación que algúns
xustifican pola popular presentadora da web, Lindsay Campbell, que estaba a acadar unha relevancia semellante á de Amanda Congdon en Rocketboom (e que rematou traballando para a canle ABC News).
Wallstrip comezara cunha achega de 600.000 dólares por parte de investidores e amigos, e foi medrando grazas ós seus traballadores e colaboradores ata converterse en todo un referente en moi pouco tempo. O acordo coa CBS pretende ser beneficioso para as dúas partes, de xeito que a modesta web tamén poderá evolucionar e a CBS tamén achegará novos contidos ás súas plataformas na Internet, pois os responsables de Wallstrip deberán continuar co seu videoblog e iniciar algún novo (tamén de temática financeira).
O propio vlog cubriu a súa adquisición pola CBS dun orixinal xeito:
