Call of Duty: Mobile chegará o 1 de outubro
xoves, 19 de setembro do 2019
O esperado Call
of Duty: Mobile, desenvolvido por Activision en colaboración con
Tencent, e que estará dispoñible para Android e para iOS, ter por fin unha data
de lanzamento: o 1 de outubro. Este xogo incluirá os mapas, modos, armas e
personaxes que os seareiros de Call of Duty coñecen ben, levándoos a
dispositivos móbiles nunha experiencia en primeira persoa que poderá gozarse de
balde.
Call of Duty: Mobile non esquecerá unha experiencia multixogador Battle
Royale para até 100 xogadores individuais (ou en equipos de 2 ou 4), á vez
que tamén apostará por eventos por tempo limitado e actualizacións periódicas,
para manter o interese e conseguir que os usuarios rematen gastando cartos
reais no xogo.
Tráiler no que anuncian a data de lanzamento do xogo