Call of Duty: Modern Warfare Remastered sae á venda por separado
martes, 27 de xuño do 2017
Cando o pasado novembro saÃu á venda o xogo Call of Duty: Infinite Warfare, a súa
ambientación espacial provocou que fose un rotundo fracaso en vendas que veuse
lixeiramente paliado polas súas edicións Legacy e Digital Deluxe, que incluÃan
un xogo adicional, Call of Duty: Modern
Warfare Remastered, unha adaptación de Call
of Duty 4: Modern Warfare para as consolas actuais, que só podÃa adquirise
dentro destes lotes.
Pasados uns meses parece evidente que Infinite
Warfare é un xogo para quedar no esquecemento, e para poder tirar un maior
rendemento da remasterización de Modern
Warfare Activision decidiu comezar a vender o xogo por separado e, a
partires de hoxe, os usuarios de PlayStation 4 poden mercar
Call of Duty: Modern Warfare Remastered
na PlayStation Store e en tendas, mentres que os usuarios de PC e Xbox One
terán que esperar para poder facerse con este tÃtulo de xeito independente.
O xogo inclúe a campaña orixinal completa e os 16 mapas multi-xogador que foron
saÃndo para o xogo, que agora poden gozarse cuns gráficos mellorados e incluso
con audio remasterizado. Para celebrar este relanzamento os xogadores poderán
participar no novo evento de tempada de Call
of Duty chamado DÃas de Verán,
que durará 5 semanas e contará con numerosos agasallos para empregar no xogo,
eventos XP e novas playlist nos seus
diferentes tÃtulos. Tamén inclúe un novo mapa para o xogo, que estará
dispoñible durante o evento.
Tráiler de Call of Duty: Modern Warfare Remastered