Canal+ estrea un servizo de vÃdeo baixo demanda que custará 6,05 euros/mes
xoves, 2 de outubro do 2014
Os servizos de vÃdeo baixo demanda están a cobrar cada dÃa
un maior peso, e para poder colocarse nunha posición de mercado semellante á de
Wuaki TV (e máis concretamente o seu servizo Wuaki Selection),
Yomvi estrea unha nova modalidade de servizo que, en vez de orientarse á
recepción das canles de Canal+, céntrase no consumo baixo demanda en liña dende
ordenadores, dispositivos móbiles, Smart TV e Xbox 360. Estamos ante un servizo
en probas que responde ao nome de Yomvi Play,
e que temporalmente é de balde, para pasar a custar 6,05 euros/mes a partires
do mes de decembro.
Dende Yomvi Play podemos acceder a milleiros de tÃtulos de cine e series de
televisión que poden gozarse en calquera momento, que conta cun catálogo
crecente de material que pode visualizarse sen custo adicional, aÃnda que tamén
ofrece unha taquilla con ata 1.500
tÃtulos en aluguer.
Actualmente Yomvi Play conta con contidos como as series True Blood, Los Soprano,
varias tempadas de Friends, El Ala Oeste de la Casablanca, Hermanos de Sangre... sen faltar tamén a
presenza de ficcións españolas como Cuéntame,
La que se avecina, Los Serrano, Médico de Familia... que parecen un bo comezo, pero queda por ver
se será unha oferta o suficientemente atractiva para o público xeral. Cómpre
destacar que a plataforma de vÃdeo baixo demanda de Canal+ tamén conta con
Yomvi Familiar e Yomvi Cine y series+, con prezos bastante superiores, polo que
dá a impresión de que a nova oferta vai verse restrinxida polos outros paquetes
de Yomvi.
