Capcom trae a consolas 7 dos seus clásicos beat’em up

martes, 18 de setembro do 2018 Marcus Fernández

As consolas de videoxogos de nova xeración reciben hoxe unha recompilación de xogos clásicos de Capcom que eran auténticos imprescindibles dos salóns recreativos a finais dos anos 80 e comezos dos 90, e que poden adquirirse de xeito conxunto por 19,99 euros para Xbox One, PlayStation 4 e Nintendo Switch.
O Capcom Beat’Em Up Bundle, como ben indica o seu nome, é unha recompilación de xogos de loita do xénero beat’em up, que recolle sete clásicos: por unha banda temos Final Fight (o grande referente do xénero), Captain Commando, The King of Dragons, Knights of the Round e Warriors of Fate; e, como detalle que pon en valor esta recompilación, un par de xogos que estaban inéditos en consola, Armored Warriors e Battle Circuit.
Os títulos permiten xogar en cooperativo até 4 usuarios á vez tanto en local como en liña, permitindo así trasladar as experiencias propias dos salóns recreativos nos que varios amigos unen forzas para derrotar aos moitos inimigos que van aparecendo en pantalla.

JPEG - 177.6 KB
Os xogos manteñen a súa fidelidade coas máquinas recreativas, incorporando incluso o modo de xogo cooperativo
JPEG - 206 KB
Warriors of Fate é un dos xogos incluídos nesta recompilación

PUBLICIDADE