Castlevania: Lords of Shadow - Mirror of Fate HD destaca entre os Xogos con Gold de decembro
mércores, 27 de novembro do 2019
Para
o mes de decembro Microsoft fixo unha interesante selección de Xogos con Gold
para os subscritores de pagamento a Xbox LIVE, que unha vez máis destaca mÃas
polos tÃtulos retrocompatibles que polos xogos para a actual xeración.
Entre os xogos para Xbox One temos o xogo independente Insane
Robots (todo un descoñecido, que vén a ser unha especie de xogo de mesa
levado á pantalla da consola) e Jurassic
World Evolution (simulador inspirado na popular franquÃa cinematográfica
de dinosauros).
Máis atractiva resulta a selección de xogos de Xbox 360 retrocompatibles en
Xbox One, que parten de Toy
Story 3, unha correcta adaptación dun filme homónimo, e Castlevania:
Lords of Shadow - Mirror of Fate HD, secuela de Castlevania: Lords
of Shadow, desenvolvido tamén polo estudio español MercurySteam para Konami,
e que agradecerán os seareiros da franquÃa que aÃnda non se fixeran con el
nunha consola doméstica.
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold de decembro