Castlevania: Symphony of the Night chega a móbiles
mércores, 4 de marzo do 2020
O clásico de Playstation Castlevania:
Symphony of the Night, chegou por sorpresa a dispositivos móbiles, de
xeito que por 3,49 euros podemos facernos cunha copia para iOS
ou para
Android, de xeito que poderemos gozar no teléfono ou na tableta da grande
aventura de Alcard a través do xigantesco castelo de Drácula.
Este xogo que no seu dÃa chamou a atención polos seus gráficos e a súa música
chega fiel á súa entrega orixinal, pero cunha interface de usuario renovada. Conta
con controis táctiles en pantalla, aÃnda que é compatible con mandos, método de
control máis que recomendable para un tÃtulo deste corte. Tamén inclúe función
de gardada e está dispoñible en 6 idiomas (inglés, xaponés, alemán, francés,
italiano e español).
Esta entrega de Castlevania está considerada como unha das mellores en
2D, e xa se adaptou no seu dÃa a PSP e PS4, sendo estas versións nas que parece
terse baseado esta conversión que chega nun momento moi oportuno, xa que esta
mesma semana Netflix estrea a terceira tempada da serie de animación de Castlevania.