Catherine estrea versión para PC

xoves, 10 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Un dos xogos máis curiosos e inquedantes dos últimos anos, Catherine, estreado para PS3 en 2011 e levado posteriormente a PS4 e PS Vita, chega finalmente a PC como Catherine Classic, de xeito que os usuarios de ordenadores persoais poden por fin botarlle a man a esta grande produción de Atlus nunha versión que permitirá que gocemos da súa dobraxe orixinal en xaponés, de gráficos en 4K, de velocidade de fotogramas desbloqueada e de controis configurables, polo que os usuarios con equipos modernos poderán gozar dunha experiencia superior á que se tivo en consola no seu día.
Este xogo de quebracabezas ten unha forte compoñente narrativa, convidándonos a vivir o conflito interno de Vincent, que debátese entre casar coa súa moza Katherine ou ceder á tentación de Catherine, rapaza que acaba de entrar na súa vida. Haberá que ir tomando decisións mentres transcorre a historia, á vez que durante o sono teremos que superar numerosos retos nun curioso quebracabezas a contrarreloxo para poder espertar con vida.
Catherine Classic conta con 3 modos de xogo: Golden Playhouse (o modo historia), Babel (que permite enfrontase directamente aos desafíos nocturnos en modo individual ou en cooperativo local) e Colosseum (un modo multixogador local competitivo).

Tráiler de lanzamento da versión para PC de Catherine Classic

PUBLICIDADE