ChatGPT estrea aplicación para iOS

xoves, 18 de maio do 2023 Marcus Fernández

Para pode gozar da experiencia de ChatGPT no móbil os usuarios temos que recorrer a aplicacións de terceiros, como o chat de Bing e moitas outras, o que fixo reaccionar a OpenAI, que vén de anunciar a aplicación de ChatGPT para iOS.
A nova aplicación móbil é de balde e integra Whisper, de xeito que tanto podemos conversar co sistema mediante o teclado en pantalla ou falando directamente co nosos teléfono. Amais, os subscritores de ChatGPT Plus terán acceso exclusivo ás capacidades de GPT-4, así como uns tempos de resposta máis rápidos.
O lanzamento de ChatGPT para iOS bota a andar nos EE.UU., ampliándose a máis territorios nas vindeiras semanas, e estando previsto que en breve conte tamén con versión para Android.

PUBLICIDADE