Chega Mega Man 11 a Xbox One, PS4, Switch e PC
martes, 2 de outubro do 2018
Co gallo do 30º aniversario da saga de plataformas de Mega
Man chega hoxe ao mercado o xogo Mega Man 11 en versións para
Xbox One,
PlayStation
4, Nintendo
Switch e PC a un
prezo de 29,99 euros. Este novo título é unha mestura do característico estilo
de acción de desprazamento lateral propio desta saga con características única
e unha nova aparencia, que convida aos usuarios a unirse a Mega Man nesta nova
aventura xunto a vellos coñecidos como o Dr. Light e o cadelo robot Rush para
derrotar ao malvado Dr. Wily.
Poderemos saltar, deslizarnos, disparar... a través de desafiantes niveis, así
como enfrontarnos a xefes finais que derrotar para absorber os seus poderes. O
xogo conta con varios niveis de dificultade (facilitando así a chegada dos
novos xogadores) e tamén estrea un sistema de dobre marcha que permite aumentar
a velocidade e potencia de Mega Man para dar un novo xiro á gratificante mecánica
do xogo pola que é famosa esta serie.
Cómpre salientar que en consolas o xogo conta con versións de demostración, de
xeito que podemos probar o título para facilitarnos a decisión de compra.
- Os xefes suporán un grande desafío
Tráiler de Mega Man 11