Chega Na fin de xogo, o podcast de AGalega Audio e presentado por Iago Gordillo
mércores, 5 de febreiro do 2025
Os seareiros dos videoxogos están de celebración. A plataforma AGalega Audio estreou neste arrinque de febreiro Na fin de xogo, programa podcast conducido polo experto Iago Gordillo que fará un percorrido sonoro polos videoxogos máis icónicos da historia. Cada capÃtulo centrarase nun videoxogo en concreto e afondará no contexto e as reflexións que deixa cada tÃtulo. O catálogo gamer vai desde clásicos como Silent Hill ou Final Fantasy, pasando por referencias alternativas e independentes das majors como Gris ou Portal, até videoxogos galegos e en galego.
O espazo contará coas testemuñas de profesionais do sector que traballaron en videoxogos premiados como
A estrea de Na fin de xogo agasállanos dous capÃtulos, dedicados a Super Mario Bros e a Sonic, e cada mércores chegará un novo capÃtulo a AGalega Audio.
Este podcast é producido por Recuncho Gamer, proxecto audiovisual en galego sobre videoxogos que foi recoñecido con galardóns como os premios Youtubeiras ou os Mil Primaveras da CTNL polo seu traballo de normalización lingüÃstica no eido dos videoxogos.