Chega a PC e PlayStation o videoxogos catalán Die by Anything
venres, 10 de xaneiro do 2025
O videoxogo Die by Anything, desenvolvido polo estudio independente catalán Guarida Games (responsable de Kittengumi: El ladrón de la Sakabato) chega hoxe á PlayStation Store con versións para PS4 e PS5, á vez que tamén pode adquirirse en Steam para PC, custando 7,99 euros en todas as plataformas.
Estamos ante unha novela visual nun contorno inmersivo onde cada decisión ten un impacto directo na supervivencia do xogador. Con un humor único, Die by Anything presenta un mundo onde nada é o que parece e onde cada derrota guiará ao xogador a un dos 30 finais distintos.
No tÃtulo, os xogadores somérxense nun mundo post-apocalÃptico, onde a morte está sempre asexando e as regras do xogo cambian de forma inesperada, proporcionando unha experiencia de xogo diferente en cada partida e animando ao xogador a descubrir todos os misterios deste particular universo.
O tÃtulo presenta un estilo artÃstico tipo cómic con referencias á cultura do anime e do manga, debuxando un escenario surrealista poboado por criaturas e personaxes escuros e intrigantes.
Die By Anything non é só unha homenaxe ás novelas visuais de supervivencia, senón tamén unha proposta orixinal para os amantes dos videoxogos independentes que buscan experiencias fóra do convencional, que sorprende en grande medida por ser unha produción desenvolvida en España, onde este tipo de xogos non son especialmente populares.
Tráiler de lanzamento de Die by Anything