Chega a edición completa de Horizon Zero Dawn
martes, 5 de decembro do 2017
Pese a que mañá é dÃa festivo en España é a data elixida
para o lanzamento de Horizon
Zero Dawn: Complete Edition, a versión do que para moitos é o mellor xogo
do presente ano (cando menos para PlayStation 4) que inclúe, aparte do xogo
principal, o seu paquete de expansión, The
Frozen Wilds. Deste xeito, quen non se fixera con este tÃtulo con
anterioridade poderá mercalo do xeito máis completo posible, facilitando asÃ
gozar sen esperas de todas as aventuras de Aloy nun mundo distópico dominado
por unha sorte de máquinas.
O prezo oficial desta edición completa é de 49,99 euros, tanto en formato
fÃsico como en dixital, o que supón un aforro de 10 euros con respecto á compra
do xogo e a expansión de xeito independente.
Para celebrar este lanzamento dende Guerrilla Games prepararon un vÃdeo
promocional no que podemos escoitar á voz da actriz que dobra á protagonista do
xogo en español, Michelle Jenner:
