Chega a móbiles o agardado Pokémon Masters
xoves, 29 de agosto do 2019
A
pasada noite chegou
á tenda de aplicacións de Google Play e á App Store o agardado
xogo Pokémon Masters,
un xogo de estratexia e combate que namorará a moitos seareiros da franquÃa de
Pokémon por ser finalmente un xogo móbil de estratexia e combate (en vez de
apostar por xéneros que pouco teñen que ver cos xogos nacidos na Game Boy).
O novo xogo pode descargarse de balde, aÃnda que inclúe compras dentro da
aplicación. ConvÃdanos a explorar a illa artificial de Passio, onde cada adestrador
leva un único Pokémon, de xeito que haberá que unir forzas con outros
adestradores para poder participar en combates de tres contra tres. A
combinación de adestrador e criatura Pokémon coñécese como parella de compis.
No modo historia teremos que progresar para asà chegar a participar no torneo
World Pokémon Masters, para o que haberá que retar aos 5 lÃderes do torneo,
distribuÃdos por toda a illa. Durante a aventura atoparanse numerosos compis
que poderemos incluÃr no noso equipo.
Os combates de tres contra tres realizaranse en tempo real, cunha barra de
movementos por equipo que irase completando en función do tempo que pase, para
asà poder lanzar potente ataques, o que fará que haxa que actuar dun xeito
táctico. Tamén é posible facer uso de movementos compi en certo punto
dos combates, asà como realizar ultrapoderosos ataques combinados nos combates
multiequipos.
En Pokémon Masters tamén é posible combater de xeito cooperativo para
derrotar aos opoñentes máis fortes.
VÃdeo no que explican o sistema de combate do xogo