Chega ás tendas Los Sims 3

xoves, 4 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas española o agardado Los Sims 3, que está dispoñible tanto para ordenadores PC e Mac como para teléfonos móbiles (incluíndo unha excelente versión para iPhone e iPod Touch), polo que onte a xente de Electronic Arts quixo presentar oficialmente o xogo nun evento que contou coa presenza da actriz Natalia Verbeke, auto-proclamada superfan dos Sims, e que comentou que «os gráficos son espectaculares e estou emocionada porque agora os Sims poden saír do seu fogar e botar unha ollada absolutamente a todo. É moito máis creativo e dinámico que Los Sims 2, así que se co outro xa estaba enganchada, con este coido que non vou saír de casa».
A franquía dos Sims xa superou sobradamente os 100 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, e con esta nova entrega pretenden dar un paso adiante con grandes novidades que agradecerán os fieis seguidores deste mundo, cun nivel de personalización de Sims sen precedentes (permite definir ata 5 trazas das súas personalidades) que fai posible a creación de millóns de personaxes diferentes, sistema de creación e edición de películas capturando a vida dos Sims e outros detalles que poderiamos resumir como máis e mellor.

PUBLICIDADE