Chega ás tendas españolas o agardado Grand Theft Auto IV

martes, 29 de abril do 2008 Marcus Fernández

Hoxe chegou ás tendas españolas o agardado Grand Theft Auto IV, que está xa dispoñible para as consolas Xbox 360 e PlayStation 3, e segundo a crítica especializada xa se pode considerar unha obra mestra, obtendo a puntuación máxima que outorgan dende IGN, 1UP, EuroGamer, GameSpy, G4 TV, GameSpot e outros medios, polo que parece que o novo título de Rockstar está a cumprir coas expectativas.
Curiosamente as críticas negativas por parte de políticos, asociacións e individuos contrarios á violencia nos videoxogos se están a realizar sen probar o xogo, pois se opoñen a que os cativos poidan achegarse a xogos non recomendados a menores de idade, aínda que resulta difícil de entender por qué esta reacción se esaxera tanto nos videoxogos e non se fai o mesmo co cine ou a televisión.

JPEG - 61.2 KB
Unha das moitas colas que fixeron a pasada noite para adquirir o GTA IV

Pero as críticas non están freando as vendas, e a pasada noite centos de persoas acudiron a tendas de todo o mundo para poder ser os primeiros en adquirir o xogo da polémica, do que estiman chegar aos 9 millóns de unidades vendidas só no lanzamento, xa que moitos seguidores da saga de GTA tiñas reservado o xogo, polo que se sabía do seu éxito antes de que chegase aos estantes das tendas.
Precisamente esta inquedanza por parte dos xogadores máis activos fixo que UPS tivese que despedir a 3 traballadores aos que pillaron roubando copias do xogo das súas caixas, ou sexa, que o violento xogo «provocaría a delincuencia», que neste caso resulta anecdótico pois os implicados non subtraían copias para a súa venda, senón que se facían só cunha copia, o que indicaría que buscaban o uso persoal do xogo, para adiantarse ao resto de xogadores en gozar do xogo do ano.

PUBLICIDADE