Chega ó mercado norteamericano a Nintendo Wii

luns, 20 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A estrea nos EE.UU. e o Xapón da PlayStation 3 podería verse eclipsada co lanzamento da pasada fin de semana, pois chegou a Nintendo Wii a EE.UU. (ó Xapon chegará o 2 de decembro e a Europa o 8 de decembro), de xeito que xa se pode mercar a consola de nova xeración de Nintendo que, pese a ser a última en incorporarse á guerra de consolas, é a máis revolucionaria, por apostar polos xogos en vez de pola tecnoloxía, destacando polo seu curioso mando con sensores de movemento que mellora a experiencia de xogo abrindo unha porta a un novo xeito de vivir os videoxogos.
Ademais, a Nintendo Wii é moito máis barata que a PS3 e a Xbox 360 (custará uns 250 euros, fronte ós entre 500 e 600 euros da PS3), e na véspera da súa entrada no mercado norteamericano se formaron enormes colas nas tendas que ás ían a pór en venda, como aconteceu con outros lanzamentos semellantes, destacando especialmente o caso da tenda Toys’R’Us en Times Square, onde se xuntaron un milleiro de compradores para ser os primeiros en facerse coa nova consola de Nintendo.
Pola contra ó que pasa coa consola de Sony, Nintendo asegura que será capaz de atender a demanda do mercado, polo que ningún xogador se quedaría sen consola este Nadal, e agardan vender 4 millóns de unidades antes de rematar o ano, ou sexa, que duplicaría as estimacións da PS3.

PUBLICIDADE