Chegan as guerras de neve a Call of Duty

xoves, 26 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Para celebrar as festas o xogo Call of Duty: Modern Warfare non só acelera a progresión dos xogadores, senón que tamén ofrece un novo modo de xogo por tempo limitado: pelexa de neve. Deste xeito os xogadores poderán situarse nun mapa temático de Nadal no que participar en combates no que desaparecen as armas tradicionais e haberá que lanzar bolas de neve para eliminar aos opoñentes. Este orixinal modo de xogo só estará dispoñible ata o remate do ano.
Este modo de xogo é un xeito de descansar da violencia habitual deste tipo e non sería de sorprender que puidese converterse en toda unha tradición como a incorporación do modo zombi.